Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Venres, 9 de novembro de 2012 Páx. 41937

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2012 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de outubro de 2012 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais da consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Traballo e Benestar, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da comunidade autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 30 de outubro de 2012, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. De conformidade co artigo 30 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, poderase cubrir polo sistema de libre designación con convocatoria pública o posto de traballo que a seguir se indica. Os motivos que o xustifican son o seu carácter directivo, así como a súa especial responsabilidade. O Centro Galego de Desenvolvemento Integral realizará actuacións para promover a autonomía persoal e ofrecer o apoio necesario nas situacións de dependencia, incluíndo os servizos de rehabilitación e mantemento físico e social (centro de día), servizos residenciais para estudantes, servizos de inserción social e laboral, servizos de recursos á comunidade, servizos de formación e centro de referencia, investigación, desenvolvemento e innovación en axudas técnicas para persoas con discapacidade.

Código

Denominación

Motivación

TR.C03.00.007.15770.001

Director/a

• Carácter directivo. Especial responsabilidade.

Terceiro. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 30 de outubro de 2012, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2012

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file