Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2012 Páx. 41916

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Portas

ANUNCIO de exposición pública sobre licenza municipal para a apertura de carpintaría de madeira.

Manuel Ángel Darriba Santiago solicitou desta Alcaldía, en representación de Carpintería Ebanistería Darriba S.L., licenza municipal para a apertura de carpintaría de madeira, situada no lugar de Costa 18A – Romai (Portas), e en cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública, por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se estimen oportunas.

Portas, 30 de xullo de 2012

Roberto Vázquez Souto
Alcalde