Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2012 Páx. 41782

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 1 de outubro de 2012 polo que se notifican resolucións ditadas en expedientes en materia de dominio público hidráulico (expediente DH.D15.28897 e DH.D15.28801).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo as resolucións sancionadoras ditadas polo director de Augas de Galicia, en materia de dominio público hidráulico, devoltas polo servizo de Correos.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante o presidente de Augas de Galicia no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio, transcorrido o cal a resolución devirá firme.

O importe da multa deberá ser aboado a través do seu ingreso na conta restrinxida de Augas de Galicia, recadación de multas e sancións, empregando o modelo que se facilitará nas dependencias desta entidade pública empresarial, praza de Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela.

Unha vez firme a resolución sancionadora sen constancia do seu pagamento, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Así mesmo, fáiselles saber que as resolucións se encontran á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia, sita no enderezo arriba indicado.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2012

Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

Interesados

Enderezo

Data da
resolución

Sentido da resolución

Precepto
infrinxido

Cualificación

Sanción

Reposición

DH.D15.28897

Antonio López López

Lg. Covarradeiras, 76, Covas

15594 Ferrol

13.6.2012

85.d) LAG

Leve

1.200,00

Si

DH.D15.28801

Manuel García Concheiro

Celia Castelo Pérez

R/ Merced, 66, pl. 2, pt. 1

15009 A Coruña

29.8.2012

Arquivamento