Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2012 Páx. 41818

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lobeira

ANUNCIO de exposición pública da delimitación do núcleo rural da Vila.

De conformidade co previsto na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, coas súas modificacións posteriores, exponse ao público na Secretaría deste Concello (das 9.00 ás 14.00 horas) polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e en dous xornais dos de maior difusión no municipio, o seguinte expediente: delimitación do núcleo rural da Vila.

Lobeira, 30 de outubro de 2012

Emilio Higuero Cardoso
Alcalde presidente