Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2012 Páx. 41789

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato tramitado polo procedemento aberto e tramitación ordinaria para a contratación do servizo de limpeza do Pazo de Amarante, sede do Consello Consultivo de Galicia, do Consello Económico e Social e do Consello Galego de Relacións Laborais.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consello Consultivo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral do Consello Consultivo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17712

2. Obxecto de contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación do servizo de limpeza do Pazo de Amarante.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 138, do 19 de xullo de 2012.

3. Orzamento base de licitación: 94.400,00 €.

4. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 17 de setembro de 2012.

b) Data da formalización do contrato: 2 de outubro de 2012.

c) Contratista: Maga Limpezas, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 74.294,00 €.

Importe total: 89.895,74 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2012.

Mª Teresa Conde-Pumpido Tourón
Presidenta do Consello Consultivo de Galicia