Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2012 Páx. 41778

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 19 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se notifica a resolución no expediente SAN-PO-0014/2012-SG.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do procedemento SAN-PO-0014/2012-SG.

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Servizo de Sanidade Animal, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido dos interesados, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra esta resolución, que non finaliza a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada ante o secretario xeral de Medio Rural e Montes, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da recepción desta resolución, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 26.2.c) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. Transcorrido este prazo sen terse presentado o dito recurso, esta resolución adquirirá firmeza na vía administrativa.

Ambos os prazos cóntanse a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2012

José Álvarez Robledo
Director xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

Expediente: SAN-PO-0014/2012-SG.

Interesados: Manuel Novo Fernández, Guadalupe Fernández Fondevila e Antonio Novo Fernández.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Chares, 9, Cercio, 36596 Lalín, Pontevedra.