Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2012 Páx. 41766

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 2012 polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental, formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, relativa ás instalacións de almacenamento loxístico de Finsa-Foresa, no concello de Vilagarcía de Arousa.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 422/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise publica a declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental con data do 17 de outubro de 2012, relativa ás instalacións de almacenamento loxístico de Finsa-Foresa, no concello de Vilagarcía de Arousa, promovido por Financiera Maderera, S.A. (Finsa) e Foresa, Industrias Químicas del Noroeste, S.A. (Clave: 2009/0279).

A citada declaración de impacto ambiental poderá ser consultada na súa integridade na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Pontevedra, 31 de outubro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra