Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2012 Páx. 41638

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2012/201-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Papeles y Desarrollos, S.L.

Domicilio social: rúa A Rega nº 6, planta 3A, 32500 O Carballiño.

Denominación: CS e CT para establecemento para reciclaxe de papel e cartón.

Situación: rúa Mariñeiros, parcela 022, Pol. Río do Pozo, Narón.

Características técnicas: centro de seccionamento de formigón prefabricado modular con cela de entrada e saída e cela de liña, 20 kV, 400 A, 16 kA e centro de tranformación que inclúe cela de remonte, cela de seccionamento, cela de protección e cela de medida, 20 kV, 400 A, 16 kA, e dúas celas de protección de trafos, incluídos dous trafos de 1.000 kVA cada un, de aceite, refrixeración natural, 20.000/420 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo Monelos, 2ª planta, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

A Coruña, 29 de outubro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña