Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 6 de novembro de 2012 Páx. 41611

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 30 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se notifica a resolución de avocación ditada no expediente administrativo sancionador AC-S-197/2011, por infracción leve en materia de turismo.

Mediante esta cédula, e de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á titular do establecemento que se menciona no anexo a resolución pola que a Secretaría Xeral para o Turismo avoca para si, ao abeiro do establecido no artigo 7.1 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, a resolución do procedemento sancionador en materia de turismo da Coruña número AC-S-197/2011, por infracción administrativa leve da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia (DOG nº 246, do 19 de decembro), modificada pola Lei 1/2010, do 11 de febreiro, e que intentada polos medios habituais non se puido efectuar.

A interesada poderá examinar o seu expediente e recoller a resolución mediante comparecencia nas dependencias desta Secretaría Xeral para o Turismo, situada na praza de Mazarelos nº 15 de Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra o acordo de avocación non caberá recurso, aínda que a posible ilegalidade da avocación se poderá facer valer, de ser o caso, no recurso que se interpoña contra a resolución do procedemento, de conformidade co establecido no artigo 7.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (DOG nº 251, do 31 de decembro).

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2012

Por suplencia (Orde 14.9.2012; DOG nº 177, do 17 de setembro)
Secretario xeral de Presidencia
Por delegación de sinatura (Resolución 17.9.2012)
Mª Elena Barca Ramos
Subdirectora xeral de Xestión, Fomento e Cooperación

ANEXO

Expediente: AC-S-197/2011.

Sancionada: Mª del Carmen Mateu Leis.

NIF nº: 44196831P.

Último enderezo: rúa Principal nº 117.

Localidade: Boiro (A Coruña).