Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: LMTS, CTC A Pontepedriña.
Situación: concello de Santiago de Compostela.
Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,376 km, coa orixe e remate na LMTS SNT-814 entre o CT Romero Donallo 86 (expediente IN407A 326/2000) e o CT Juan Nogueira (expediente 51.428) unha vez entre e saia do CT proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV, 3(1×240 Al).
Centro de transformación non prefabricado subterráneo, cunha potencia de 400 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 3 de outubro de 2012
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña