Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2012 Páx. 41173

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2012/34-2, 8003 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: novas saídas ST Lamas de Prado, LMTS Abella 1 e LMTS Abella 2 e o seu anexo.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas: LMT Abella 1 e Abella 2 a 20 kV en canalización proxectada, con orixe en dúas celas da ST Lamas de Prado e final en dous empalmes situados nunha arqueta proxectada no linde da ST Lamas de Prado, cada unha das liñas ten unha lonxitude de 114 metros de condutor tipo RHZ1 12/20 kV 2OL (S) 1×240 AI+H16.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 3 de outubro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo