Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2012 Páx. 41170

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 25 de setembro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada solicitada por Papelera de Brandía, S.A. para a planta de produción de papel satinado localizada en Vidán, concello de Santiago de Compostela (clave do expediente de renovación 2012-IPPC-M-89).

O 18.4.2008 outorgouse a Papelera de Brandía, S.A. a autorización ambiental integrada nº 2006/0348_NAA/IPPC_126 para a planta de produción de papel satinado localizada en Vidán, da que é titular. Nesta autorización estableceuse unha vixencia de cinco anos contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ao titular, que se efectuou o 25.4.2008.

O artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, estipula que, transcorrido o prazo de vixencia da autorización, esta debe ser renovada e, se é o caso, actualizada. Atendendo ao indicado, e para os efectos previstos no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación presentada pola solicitante para a renovación da autorización ambiental integrada, constituída polos documentos titulados:

– Renovación de autorización ambiental integrada de Papelera de Brandía, S.A., Vidán, Santiago de Compostela (A Coruña). Xullo 2012. P-051149.

– Addenda á renovación de autorización ambiental integrada de Papelera de Brandía, S.A., Vidán, Santiago de Compostela (A Coruña). Setembro 2012. P-051149.

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes. O antedito documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

• Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n. 15781 Santiago de Compostela).

• Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Xefatura Territorial da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2. 15008 A Coruña).

• Concello de Santiago de Compostela (Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro, 15705).

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental