De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), faise pública a relación de resolucións relativas aos expedientes de avaliación ou informe para a contratación como profesor universitario polas universidades de Galicia, relativa á convocatoria publicada a través da Resolución do 26 de marzo de 2012 (DOG do 4 de maio), posto que, unha vez intentada a súa notificación no domicilio indicado polas persoas interesadas, non se puido efectuar. Estas resolucións foron ditadas polo presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA) da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, en virtude das competencias que ten atribuídas nos estatutos da ACSUG aprobados por Resolución do 10 de decembro de 2008 (DOG do 20 de xaneiro de 2009).
As persoas citadas no anexo deberán comparecer persoalmente ou debidamente representadas, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, na sede da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (5º andar do CIFP Compostela, rúa Lamas de Abade s/n, 15702 Santiago de Compostela), para ter coñecemento do contido das resolucións e deixar constancia da súa notificación, advertíndolles que, en caso de non comparecer no prazo indicado, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.
As citadas resolucións poñen fin á vía administrativa e as persoas interesadas poderán interpor contra elas recurso de reposición ante o presidente do Consello de Dirección da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes, ou ben ser impugnadas directamente en vía contencioso-administrativa, de conformidade co artigo 25 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.
Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2012
Miguel Ángel Santos Rego
Presidente da Comisión Galega de Informes, Avaliación,
Certificación e Acreditación
ANEXO
Nome |
Identificación |
Expediente |
Thelmo Alejandro Lu Chau |
45958293S |
043-1A/12-017/PCD - 044-1A/12-012/PUP |
Liliana García Lago |
36141349T |
067-1A/12-026/PCD - 068-1A/12-023/PAD - 069-1A/12-020/PUP |
Juan Carlos Pérez Balado |
36106739M |
142-1A/12-054/PCD - 043-1A/12-045/PUP |
Nuria Ferreiro Domínguez |
33347911G |
144-1A/12-055/PCD - 145-1A/12-045/PAD - 146-1A/12-046/PUP |
María del Carmen Méndez Santos |
36112704J |
295-1A/12-110/PCD - 296-1A/12-089/PAD - 297-1A/12-098/PUP |