Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2012 Páx. 41008

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 24 de outubro de 2012 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, pola Orde da Consellería de Facenda do 25 de maio de 2012, publicada no Diario Oficial de Galicia número 103, do 31 de maio, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2012

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas

Tribunal titular:

Presidencia:

– Sonia Lafont Sendino, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas.

Secretaría:

– Víctor Manuel Martínez Lago, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas.

Vogais:

– Juan Antonio Mosquera Pena, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas.

– Fernando Carlos Ruíz Lamas, persoal funcionario do corpo de profesores titulares de universidade, área de Economía Financeira e Contabilidade da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade da Coruña.

– Natalia Soler Jimeno, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Ana María Morato Miguel, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas.

Secretaría:

– Susana Domínguez Groba, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas.

Vogais:

– José Miguel Rey Lama, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas.

– Mª Luz Gómez Rodríguez, persoal funcionario do corpo de profesores titulares de universidade, área de Economía Financeira e Contabilidade da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade da Coruña.

– Marta Carballo Neira, persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados.