Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2012 Páx. 40916

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 25 de setembro de 2012 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión do viveiro Rodrigil VI.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión do viveiro Rodrigil VI e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito do 11 de xullo de 2012, Eduardo Rodríguez Martínez (35191466V) solicitou autorización para transmisión da concesión do viveiro Rodrigil VI.

Segundo. Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características do viveiro e do Servizo Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, de pesca de Galicia; a Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, e coa Resolución do 12 de abril de 2012, de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Eduardo Rodríguez Martínez (35191466V), María Elvira Rodríguez Malvido (35274825R) e Sara Rodríguez Silva (78738794L), da concesión que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Rodrigil VI.

Localización:

Cuadrícula nº: 16.

Polígono: C.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 27.6.1959.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: Eduardo Rodríguez Martínez (35191466V).

Novos titulares: Eduardo Rodríguez Martínez (35191466V), María Elvira Rodríguez Malvido (35274825R) e Sara Rodríguez Silva (78738794L).

Os novos titulares subróganse nos dereitos e obrigas do anterior.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 25 de setembro de 2012

Por delegación de sinatura (Resolución do 12.4.2012)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa de Coordinación da Área do Mar en Vigo