Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2012 Páx. 40663

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 15 de outubro de 2012, de emprazamento para o trámite de audiencia no expediente número IU1/37/2011-R2, devolta polo servizo de Correos por non poder practicarse a súa notificación.

De conformidade co disposto no artigo 59.9 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), publícase a notificación de emprazamento para o trámite de audiencia a David Souto Álvarez e Mª Encarnación Parcero Cancela, no expediente número IU1/37/2011-R2, en relación co recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 4 de xullo de 2012, da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, por substitución da directora (artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo), en relación coas obras consistentes en edificación de tres vivendas no lugar de Faxón-O Seixal da parroquia de Bembibre, no termo municipal de Val do Dubra, provincia da Coruña.

O expediente mencionado encóntrase á disposición dos interesados nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados dispoñerán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, para presentar as alegacións que consideren procedentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2012

P.S. (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo; DOG nº 59, do 27 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística