Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2012 Páx. 40644

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato da subministración de cento corenta e tres vehículos en réxime de aluguer para os servizos de prevención e defensa contra os incendios forestais, proposta 2/12-I, actuación cofinanciada ao 57,56 %, pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrario de Desenvolvemento Rexional (Feader), eixe 2, medida 226 (expediente 9/2012).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo, de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de cento corenta e tres vehículos en réxime de aluguer para os servizos de prevención e defensa contra os incendios forestais, proposta 2/12-I.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17456

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 29 de maio de 2012, DOG nº 103, do 31 de maio, e BOE nº 132, do 2 de xuño.

e) División por lotes e número: si, 3.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación:

Valor estimado: 7.465.662,00 €. Importe total: 5.872.987,44 € (IVE ao 18 %).

5. Adxudicación e formalización do contrato:

• Lote 1: oitenta e dous vehículos de tipo todoterreo pick-up con grupo motobomba e sistema dosificador de retardante a curto prazo, durante todo o ano.

a) Data da resolución da adxudicación: 22 de agosto de 2012.

b) Adxudicataria: Empresa Monforte, S.A.

c) Importe: 2.453.909,04 € (IVE incluído 21 %); prezo unitario de 687 € (sen IVE).

d) Data de formalización do contrato: 26.9.2012.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta económica máis vantaxosa.

• Lote 2: cincuenta e sete vehículos de tipo todoterreo pick-up con grupo motobomba e sistema dosificador de retardante a curto prazo, durante 9 meses ao ano.

a) Data da resolución da adxudicación: 22 de agosto de 2012.

b) Adxudicataria: Lease Plan Servicios, S.A.

c) Importe: 1.663.475,70 € (IVE incluído 21 %); prezo unitario de 893,29 € (sen IVE).

d) Data de formalización do contrato: 21.9.2012.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta económica máis vantaxosa.

• Lote 3: catro vehículos de tipo todoterreo de 7 prazas, durante 9 meses ao ano.

a) Data da resolución da adxudicación: 22 de agosto de 2012.

b) Adxudicataria: Lease Plan Servicios, S.A.

c) Importe: 101.799,72 € (IVE incluído 21 %); prezo unitario de 779 € (sen IVE).

d) Data de formalización do contrato: 21.9.2012.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: única empresa licitadora.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2012

P.D. (Orde 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar