Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2012 Páx. 40635

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 3 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fan públicas as resolucións do 3 e do 12 de xullo de 2012 de non concesión de axuda ou subvención ao programa para a promoción do emprego autónomo, reguladas na Orde do 17 de marzo de 2011, relativas aos expedientes TR341D 2011/1779-2 e TR341D 2011/1780.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figuran como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber que pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 3 de outubro de 2012

Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2011/1779-2.

Nome: León Marcelo Stanley Pereiro.

DNI/NIF: 33552875N.

Último enderezo coñecido: avda. da Coruña, 271, 2º dta., 27003 Lugo.

Feito imputado: non conceder a axuda ou subvención solicitada por esgotamento do crédito asignado na orde de convocatoria.

Contido da resolución: non concesión da axuda ou subvención, segundo o disposto na disposición adicional cuarta da Orde do 17 de marzo de 2011 que establece que a concesión das subvencións previstas para o ano 2011 nesta orde estarán suxeitas á existencia de crédito orzamentario.

Nº de expediente: TR341D 2011/1780-2.

Nome: León Marcelo Stanley Pereiro.

DNI/NIF: 33552875N.

Último enderezo coñecido: avda. da Coruña, 271, 2º dta., 27003 Lugo.

Feito imputado: non conceder a axuda ou subvención solicitada por esgotamento do crédito asignado na orde de convocatoria.

Contido da resolución: non concesión da axuda ou subvención, segundo o disposto na disposición adicional cuarta da Orde do 17 de marzo de 2011 que establece que a concesión das subvencións previstas para o ano 2011 nesta orde estarán suxeitas á existencia de crédito orzamentario.