Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2012 Páx. 40632

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 6 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do permiso de investigación Nueva Susana II número 7159.

Por medio da Resolución do 11 de novembro de 2011, pola que se aproba a admisión a trámite de solicitudes de dereitos mineiros, admitiuse a trámite a solicitude presentada pola sociedade Minas del Atlántico, S.L. do permiso de investigación Nueva Susana II, de 10 cuadrículas mineiras, para a investigación de recursos mineiros da sección C), volframio, estaño e afíns, no termo municipal de Santa Comba, na provincia da Coruña.

A esta solicitude correspóndelle o número 7.159 do rexistro mineiro da provincia da Coruña.

A designación do terreo é a seguinte:

Vértice

Lonxitude

Latitude

1

8º 48’ 20’’ W

43º 01’ 40’’ N

2

8º 47’ 00’’ W

43º 01’ 40’’ N

3

8º 47’ 00’’ W

43º 01’ 00’’ N

4

8º 47’ 40’’ W

43º 01’ 00’’ N

5

8º 47’ 40’’ W

43º 00’ 40’’ N

6

8º 48’ 20’’ W

43º 00’ 40’’ N

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

Todas as persoas que se consideren afectadas por este permiso de investigación poderán examinar o expediente na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, praza de Luís Seoane, s/n, A Coruña, e alegar por escrito todo o que crean oportuno. Para iso terán un prazo de trinta días hábiles, que comezarán a contar desde o día seguinte a que se publique este anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG nº 109, do 6 de xuño).

A Coruña, 6 de setembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña