Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2012 Páx. 40629

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 35/2010).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado I recuamento LMT, CTC avda. das Mariñas.

Situación: concello de Oleiros.

Características técnicas: tramo de liña eléctrica de media tensión subterránea, SMC-703, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,096 km, coa orixe no paso aéreo-soterrado para realizar en apoio nº 25/1 proxectado para intercalar na LMT SMC-703 (que forma o dobre circuíto coa liña SMC-704), tramo entre a subestación San Marcos (expediente 27.663) e a derivada a CS Xeriátrico Milenium, condutor tipo RHZ1 e final en paso aéreo-soterrado para realizar en apoio nº 25/2 proxectado para intercalar na LMT SMC-703 (que forme o dobre circuíto coa liña SMC-704), tramo entre a subestación San Marcos (expediente 27.663) e derivada a CS Xeriátrico Milenium.

Tramo 1 liña eléctrica de media tensión subterránea, SMC-704, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,123 km, coa orixe no paso aéreo-soterrado para realizar en apoio nº 25/1 proxectado para intercalar na LMT SMC-704, tramo entre a derivada ao CT Coroto (expediente 31.414) e o CT Mesón da Auga nº 1 (expediente 330/04), condutor tipo RHZ1 e final en empalmes proxectados na LMT SMC-704 ao CT Mesón da Auga, nº 1 (expediete 330/04).

Tramo 2 liña eléctrica de media tensión subterránea, SMC-704, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,137 km, coa orixe en empalmes proxectados na LMT subterránea SMC-704 de CT Mesón da Auga, nº 2 (expediente 330/04), condutor tipo RHZ1 e final no paso aéreo-soterrado para realizar en apoio nº 25/2 proxectado para intercalar na LMT SMC-704, tramo entre o CT Mesón da Auga, nº 2 (expediente 330/04) e o CT As Pedreiras (expediente 17.422), realizando entrada e saída no novo CT Mesón da Auga (proxectado).

Novo centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 28 de setembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña