Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 26 de outubro de 2012 Páx. 40439

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 8 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a diversos interesados a aprobación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Santa Baia de Anfeoz (Cartelle-Ourense).

De conformidade co disposto no artigos 59.2 e 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase ás persoas da relación adxunta que a xunta local da zona, acordou o día 5 de xullo de 2012 a aprobación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Santa Baia de Anfeoz (Cartelle-Ourense), que están expostas ao público no concello de Cartelle e nos lugares de costume, de conformidade co disposto nos artigos 36 e 40 da Lei 10/1985, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

Nas referidas bases figura o correspondente boletín individual da propiedade.

Para o caso de que se formulen alegacións en relación coas bases provisorias, o resultado destas será o que se recolle no boletín.

Contra o devandito acordo, aprobatorio das bases definitivas, que non é definitivo na vía administrativa, os interesados da relación adxunta poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo de 30 días naturais contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 8 de outubro de 2012

Ricardo-Ignacio Vecillas Rojo
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº propietario

Nome

123

Bugallo Castiñeiras, Mª Teresa

139

Cacheiro Feijoo, Ángela

144

Calviño Gil, Antonio

170

Castiñeiras Vázquez, Leonor

179

Cougil Gil, Sara

211

Estévez Feijóo, Eduardo-Antonio

211

Estévez Feijóo, Carlos-Delfín

241

Feijóo Rodríguez, Manuel

316

García Iglesias, Mª del Pilar

352

Gil Sanmiguel, Rosa

477

Méndez Gil, Víctor-Ángel

577

Rodríguez Álvarez, Mª Filomena

612

Rodríguez Mouriño, Purificación

616

Rodríguez Rodríguez, Antonio

716

Vázquez Armada, María

722

Villar Álvarez, Artemia

723

Villar Álvarez, Mª del Carmen

748

Gil Sanmiguel, Élida

754

Martínez Rodríguez, Jesús

1099

Pérez Diéguez, Antonio

1099

Pérez Diéguez, Manuel

1099

Pérez Diéguez, María