Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 26 de outubro de 2012 Páx. 40456

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación polo Servizo Galego de Saúde do servizo de desenvolvemento de módulos de integración do sistema IANUS, para a execución dos proxectos de innovación H2050 e Innova Saúde, cofinanciados con fondos Feder (AB-SER1-12-041).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 26.11.2012.

d) Número de expediente: AB-SER1-12-041.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de desenvolvemento de módulos de integración do sistema IANUS, para a execución dos proxectos de Innovación H2050 e Innova Saúde.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: desde a súa sinatura ata o 31 de decembro de 2013.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72222000-7.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntos

Criterios non valorables automaticamente (sobre B)

Plan de evolución do sistema

0 – 30

Metodoloxía de traballo e plan de participación dos recursos

0 – 20

Criterios valorables automaticamente (sobre C)

Oferta económica

0 – 40

Parámetros de servizo de soporte e mantemento correctivo

0 – 10

4. Valor estimado do contrato: 1.520.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 760.000 euros. Importe total: 919.600 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): si, grupo V, subgrupo 2, categoría D.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxanse cláusulas 5.3.1.f) e g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 26.11.2012.

Se o último día de presentación de solicitudes coincidise en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil de contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta dos adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 5.10.2012.

12. Outras informacións. O expediente está cofinanciado con fondos Feder.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2012

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos