Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 26 de outubro de 2012 Páx. 40414

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente unha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 42/2012).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento LMT e varios CT en polígono de Formarís.

Situación: concello de Santiago de Compostela.

Características técnicas:

Recuamento do centro de transformación Granxa Deca (expediente 30.111) e Sogama (expediente IN407A 2006/035) afectados pola construción do novo polígono da Sionlla-Formarís, consistente en:

Liña de media tensión aérea, derivación a CT Opel e BMW, en polígono de Costa Vella, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,128 km, con orixe en apoio metálico tipo C-18/3000 que substitúe o nº 4 existente da LMTA a CT Granxa Deca (expediente 30.111), con condutor tipo LA-56/54,6 mm² Al, e final en apoio metálico nº 6 tipo C-14/1000, en substitución do existente 2º da derivada a CT Opel e BMW, polígono de Costa Vella.

Liña de media tensión aérea, a CT rúa da Carballa, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,042 km, con orixe en apoio metálico nº 6 tipo C-14/1000, que substitúe a existente da LMTA derivada a CT Opel e BMW polígono Costa Vella, con condutor tipo LA-56/54,6 mm² Al, e final en apoio de formigón tipo HV 11/1000 proxectado.

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a CT rúa da Carballa, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,181 km, con condutor tipo RHZ1 12/20 kV 3(1×150) mm² Al, con orixe en paso aero-subterráneo no citado apoio proxectado de formigón HV 11/1000 da LMTA a CT rúa da Carballa, e final no CT rúa da Carballa proxectado.

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a CT Formarís-Sogama, a 20 kV, cunha lonxitude de 1,282 km, con condutor tipo RHZ1 12/20 kV 3(1×240) mm² Al, con orixe no CT Tras da Finsa (expediente IN407A 2000/355), e final no CT Formarís-Sogama proxectado, sendo en canalización existente da LMTS, CT polígono industrial A Sionlla-Formarís (expediente IN407A 2011/228) no tramo entre os puntos 9 e 22, e da LMT, CT e RBT Tras da Finsa-A Sionlla (expediente IN407A 2000/355) no tramo entre o punto 24 a CT Tras da Finsa.

Centro de transformación (CT) prefabricado rúa da Carballa, tipo 2L+1P, cunha potencia de 160 kVA e relación de transformación de 20/0,4-0,23 kV, en substitución do actual CT Granxa Deca.

Centro de transformación (CT) prefabricado Formarís-Sogama, tipo 2L+1P, cunha potencia de 400 kVA e relación de transformación de 20/0,4-0,23 kV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar administrativamente a dita instalación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 24 de setembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña