Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2012 Páx. 40191

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2012 pola que se ordena publicar a decisión do xurado do Premio Elías Valiña ao esforzo revitalizador e promocional do Camiño de Santiago.

Á vista da proposta da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, sobre a convocatoria do Premio Elías Valiña 2012 pola Orde do 29 de maio de 2012, ao esforzo revitalizador e promocional dos camiños de Santiago e estando conforme esta con todos os seus termos,

RESOLVO:

1. Conceder o XVII Premio Elías Valiña ao esforzo revitalizador e promocional dos camiños de Santiago á entidade Asociación de Amigos del Camino de Santiago del Bierzo.

2. Ordenar a notificación desta resolución ao interesado e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria