Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2012 Páx. 40260

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 28 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fan públicas catro procedencias de reintegro de axudas e subvencións ao programa para a promoción do emprego autónomo, reguladas na Orde do 21 de abril de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 28 de abril), relativas ao expediente TR341D 2008/334-2 e tres máis.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo para que poidan ter coñecemento delas.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que os asiste para interpoñer o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 28 de setembro de 2012

Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2008/334-2.

Nome: José Aparecido Pires.

DNI/NIF: X7160004N.

Último enderezo coñecido: rúa Concello de Sarria, nº 3, porta B, 27780 Foz, Lugo.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 16, letra a), da Orde do 21 de abril de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo.

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR341D 2008/445-2.

Nome: Mª Isabel López Cancelos.

DNI/NIF: 76575587P.

Último enderezo coñecido: rúa doutor Escobar, nº 7, 3º, O Cádavo, 27130 Baleira, Lugo.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 16, letra a), da Orde do 21 de abril de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo.

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR341D 2008/446-2.

Nº de expediente: TR341D 2008/1061-2.

Nome: Jonatan Rodríguez Ruiz.

DNI/NIF: 33543374J.

Último enderezo coñecido: lugar estrada de Senande, nº 20, Os Carreiros, 27570 Antas de Ulla, Lugo.