Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2012 Páx. 40277

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 25 de setembro de 2012, da Área Provincial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, polo que se require a retirada dos mobles da vivenda situada na rúa Bélxica, 17, 2º E, Monte Porreiro, Pontevedra, a aquelas persoas que acrediten o seu dereito a eles (expediente PO-92/040, conta 21).

Con data do 2 de agosto de 2012 procedeuse á entrada na vivenda situada na rúa Bélxica, número 17, 2º E, Monte Porreiro, Pontevedra (expediente PO-92/040, conta 21) como culminación do procedemento de desafiuzamento por ocupación sen título legal dos adxudicatarios María Luisa Torres Crespo e Carlos Saa Montáns, e coa preceptiva autorización xudicial de entrada ditada o 12.7.2012 polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra.

Ao non obter resposta despois de repetidas chamadas á porta, accedeuse ao interior da vivenda, os adxudicatarios non se atopaban nesta e nela quedaban diferentes mobles e utensilios, polo que se requiren aquelas persoas que puidesen ter dereito sobre eles para que, unha vez acreditado, os retiren do inmoble no prazo de quince días a partir da publicación deste anuncio. Transcorrido o dito prazo, consideraranse bens abandonados para todos os efectos, segundo o establecido no artigo 703.1º da Lei de axuizamento civil.

Para proceder á entrega dos utensilios deberán dirixirse á Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (rúa Alcalde Hevia, número 7, Pontevedra, teléfono: 986 80 56 18).

Expido, asino e selo este anuncio.

Pontevedra, 25 de setembro de 2012

P.D. (Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luís Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas