Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 25 de outubro de 2012 Páx. 40215

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizos para a redacción do proxecto sectorial da fortaleza de Monterrei (Ourense), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, tema prioritario 5.57.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Fomento e Cooperación.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 10 de outubro de 2012.

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: redacción do proxecto sectorial da fortaleza de Monterrei (Ourense).

1.3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

1.4. Orzamento base de licitación: 59.000,00 euros, IVE excluído.

1.5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 6 de setembro de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 8 de outubro de 2012.

c) Contratista: Juan Carlos Cabanelas Rodríguez.

d) Importe de adxudicación: 57.000,00 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2012

Por suplencia (Orde 14.9.2012; DOG do 17 de setembro)
Secretario xeral de Presidencia
Por delegación de sinatura (Resolución 17.9.2012)
Elena Barca Ramos
Subdirectora de Xestión, Fomento e Cooperación