Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 24 de outubro de 2012 Páx. 40163

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 4 de outubro de 2012, da Xefatura Comarcal de Pontevedra, pola que se fai pública a notificación do trámite de audiencia no expediente sancionador PESAN1 2012/000387-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a seguir se indica o trámite de audiencia do expediente instruído por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG nº 243, do 15 de decembro).

A interesada dispón dun prazo de quince días a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto para presentar ante a xefatura comarcal as alegacións que considere pertinentes.

O expediente atópase á disposición da interesada na citada Xefatura Comarcal de Pontevedra, Fernández Ladreda 43-4ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 2012/00387-5.

Denunciada: Carolina Sofía de Oliveira Vieira.

Nº id.: 237084660Q.

Enderezo: Saudade 16, Murtosa, Portugal.

Pontevedra, 4 de outubro de 2012

José Luis Meijueiro Tilve
Xefe comarcal de Pontevedra