Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 23 de outubro de 2012 Páx. 40061

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública da modificación puntual do Plan parcial do solo urbanizable non programado número 22 (SUNP-22), no ámbito do quinteiro 16. Castro de Abaixo.

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o día 13 de setembro de 2012, adoptou o seguinte acordo:

a) Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan parcial do SUNP-22 no ámbito do quinteiro 16, segundo o proxecto presentado o 29 de agosto de 2012 por Álvaro Fernández Carballada, sen prexuízo de lle dar cumprimento ao indicado pola Sección de Cartografía e SIC.

b) En cumprimento do disposto polo artigo 86.1.a) da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG), o expediente someterase á información pública durante o prazo dun mes, mediante anuncio que para o efecto se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais dos de maior circulación na provincia. Simultaneamente, practicarase notificación individualizada a todos os propietarios dos terreos afectados, segundo figuren no catastro.

c) Así mesmo, durante o trámite de información pública solicitaranse os informes sectoriais preceptivos do artigo 86.1.b) da LOUG.

Durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán consultar o expediente no Servizo de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2012

Ángel Currás Fernández
Alcalde