Por Resolución do 11 de novembro de 2011 pola que se aproba a admisión a trámite de solicitudes de dereitos mineiros, admitiuse a trámite a solicitude presentada pola sociedade Minas del Atlántico, S.L. do permiso de investigación Vilar, de 16 cuadrículas mineiras, para a investigación de recursos mineiros da sección C), ouro e afíns, no termo municipal de Santa Comba, na provincia da Coruña.
A esta solicitude correspóndelle o número 7132 do rexistro mineiro da provincia da Coruña.
A designación do terreo é a seguinte:
Vértice |
Lonxitude |
Latitude |
1 |
8º 52’ 00’’ W |
43º 04’ 00’’ N |
2 |
8º 51’ 20’’ W |
43º 04’ 00’’ N |
3 |
8º 51’ 20’’ W |
43º 02’ 20’’ N |
4 |
8º 52’ 40’’ W |
43º 02’ 20’’ N |
5 |
8º 52’ 40’’ W |
43º 03’ 20’’ N |
6 |
8º 52’ 00’’ W |
43º 03’ 20’’ N |
A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.
Todas as persoas que se consideren afectadas por este permiso de investigación poderán examinar o expediente, na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar; praza de Luís Seoane, s/n, A Coruña, e alegar por escrito todo o que crean oportuno. Para iso, terán un prazo de trinta días hábiles, que comezarán a contar desde o día seguinte a aquel en que se publique este anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG número 109, do 6 de xuño).
A Coruña, 10 de setembro de 2012
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña