Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2012 Páx. 39868

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 24 de setembro de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, polo que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca, para vinculación temporal de interinidade, unha praza de facultativo especialista de área de Anestesioloxía e Reanimación.

A Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, en virtude das competencias que lle foron atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estructura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 5 de xullo de 2012, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve proceder ao anuncio da convocatoria para a vinculación temporal de interinidade dunha praza de facultativo especialista de área de Anestesioloxía e Reanimación.

A citada convocatoria estará exposta nos taboleiros de anuncios do centro hospitalario.

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do complexo hospitalario no prazo de quince días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 24 de setembro de 2012

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés