Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 22 de outubro de 2012 Páx. 39952

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2012 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, con tramitación ordinaria, do contrato de servizos non suxeito a regulación harmonizada que se cita.

Servizos auxiliares para o manexo e mantemento da comporta da dársena interior e o guindastre do porto de Malpica de Bergantiños, así como para o mantemento dos guindastres de Malpica de Bergantiños, Caión e Barizo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Explotación e Planificación.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: prestación do servizo de manexo e mantemento dos equipamentos indicados no número 4.1 do cadro de características do contrato (CCC), propiedade de Portos de Galicia e localizados nos portos de Malpica de Bergantiños, Caión e Barizo, coas características descritas no prego de prescricións técnicas particulares (PPT).

b) Lugar de execución: Malpica de Bergantiños, Caión e Barizo.

c) Valor estimado do contrato: 97.960,84 euros, IVE excluído.

d) Orzamento base de licitación: oitenta e un mil seiscentos trinta e catro euros (81.634 euros), IVE excluído.

e) Importe do IVE (21 %): 17.143,14 euros.

f) Prazo de execución: dous (2) anos.

g) División por lotes: non hai.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración (sistema multicriterio).

4. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, IVE excluído.

5. Obtención de documentación e información.

a) Solicitude de información e consultas sobre os pregos: farase a través de correo electrónico, dirixida á seguinte conta de correo: laura.gonzalez.gurgueiro@xunta.es

Teléfono: 881 88 16 45.

b) Obtención de documentación: o PPT, o prego tipo de cláusulas administrativas particulares (PCAP) e o CCC poderanse obter no seguinte enderezo da internet:

– Perfil de contratante: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18081. Neste perfil poderase facer o seguimento das diversas fases do procedemento de contratación.

c) A data límite de obtención de documentación e información coincide coa data límite de presentación de ofertas, establecida no número 7.a) deste anuncio.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Outros requisitos: os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica ou financeira e a técnica e profesional conforme o disposto no número 9.2 do CCC. Así mesmo, deberán observar o cumprimento de todos os demais requisitos que, de ser o caso, se atopen especificados tanto no PCAP como no PPT.

7. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do décimo quinto (15º) día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado nos números 12 e 9.2 do CCC, na cláusula 4.7 do PCAP e no PPT.

c) Lugar da presentación:

– Entidade: as proposicións presentaranse en tres (3) sobres pechados no Rexistro Central do ente público Portos de Galicia.

– Enderezo: praza de Europa 5-A 6º, polígono das Fontiñas (Área Central).

– Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

– Teléfono: 902 40 08 70.

– Fax: 981 54 53 24.

Tamén poderán presentarse por correo certificado dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

d) Prazo durante o cal o licitador se obriga a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura pública das proposicións económicas.

e) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa determinarase en virtude da aplicación dos criterios establecidos no número 14.1 do CCC, que serán valorados segundo o disposto nos números 1 e 2 do punto 14 do CCC.

f) Variantes: observarase o disposto no número 5 do CCC.

8. Apertura de ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas do ente público Portos de Galicia.

b) Enderezo: praza de Europa nº 5-A 6º, polígono das Fontiñas (Área Central).

c) Localidade e código postal: 15707 Santiago de Compostela.

d) Data de apertura: a apertura pública das ofertas técnicas (sobre B) levarase a cabo nun prazo non superior a sete (7) días, contados desde a apertura da documentación administrativa do sobre A. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

No acto público de apertura do sobre B, a mesa fixará e dará publicidade da data, do lugar e da hora en que se procederá á apertura do sobre C.

e) Hora: 12.00 horas.

Se por algún motivo houbese que modificar a data de realización dalgún acto público de apertura de proposicións, reflectirase a nova data no perfil de contratante.

9. Outras informacións: a mesa de contratación, en cumprimento do disposto na cláusula 4.8.1.b) do PCAP, comprobará en acto previo a documentación administrativa (sobre A) e publicará no perfil de contratante e no taboleiro de anuncios dos servizos centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que se emenden, se for o caso, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.

10. Gastos do anuncio: os gastos que deriven da publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2012

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia