Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2012 Páx. 39769

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2012 pola que se anuncia a formalización da contratación do servizo para o desenvolvemento dun sistema de xestión de eventos integrado cos diferentes sistemas de información corporativos da Consellería de Facenda, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, CIXTEC.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do CIXTEC.

c) Número de expediente: 12-020.

d) Enderezo de internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para o desenvolvemento dun sistema de xestión de eventos integrado cos diferentes sistemas de información corporativos da Consellería de Facenda, cofinanciado con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI).

c) CPV: 72211000-4.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 11.7.2012.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 48.750,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 48.750,00 euros. Importe total: 57.525,00 euros.

6. Financiamento: esta contratación está cofinanciada polo Feder nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 13 nun 20 %, con cargo ao Fondo de Compensación Interterritorial (FCI). O adxudicatario da contratación estará obrigado a cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, e no artigo 1, apartados 1) e 2) do Regulamento (CE) 846/2009, da Comisión, do 1 de setembro de 2009.

7. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 21.9.2012.

b) Data de formalización do contrato: 1.10.2012.

c) Contratista: Tecnologías Plexus, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 37.293,75 euros. Importe total: 45.125,44 euros.

e) Ventaxes da oferta adxudicataria: oferta máis ventaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2012

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable