Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2012 Páx. 39782

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de información pública sobre nave industrial destinada a almacén e taller de sistemas enerxéticos, alarmas e material contra incendios no parque empresarial de Mos-Veigadaña (Petelos).

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente 2011/164, tramitado por instancia de Madinfor Global, S.L., para a concesión de licenza de apertura e funcionamento de nave industrial destinada a almacén e taller de sistemas enerxéticos, alarmas e material contra incendios, que se instalará na parcela P-22 do parque empresarial de Mos-Veigadaña, na parroquia de Petelos deste municipio. Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, o expediente estara á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, de ser o caso, as alegacións e observacións que teña por conveniente.

Mos, 4 de setembro de 2012

Julia Loureiro Campo
Concelleira delegada de Urbanismo