Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2012 Páx. 39746

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 26 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, da contratación da obra de ampliación do CEIP Bergantiños de Carballo (A Coruña), cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente ED 31/12-O).

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 149, do luns 6 de agosto de 2012, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 31395, no punto 4, letra c), onde di: «Importe total: 1.423.533,12 €», debe dicir: «Importe total: 1.423.533,12 €. O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 75».