Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2012 Páx. 39748

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2012 pola que se fai pública a formalización do contrato das obras para levar a cabo actuacións de mellora e acondicionamento do Complexo de Menores de Montealegre (Ourense), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Contratación e Obras.

c) Número de expediente: 44/2012.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17555

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición do obxecto: obras para levar a cabo actuacións de mellora e acondicionamento do Complexo de Menores de Montealegre (Ourense), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (CPA 41.00.3), (CPV 45000000-7).

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 117, do 20 de xuño de 2012.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 1.076.271,19 €. IVE: 193.728,81 €. Importe total: 1.270.000,00 €. Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, nun 80 % (eixe 6; tema prioritario 79; medida 6.79) e nun 20 % con fondos de compensación interterritorial (FCI) e fondos da Comunidade Autónoma.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 7 de setembro de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 21 de setembro de 2012.

b) Contratista: Corsán-Corviam Construcción, S.A.

c) Importe de adxudicación. Importe neto: 819.365,26 € (sen IVE).

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2012

P.D. (Artigo 1 da Orde do 19.8.2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar