Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2012 Páx. 39733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, de aprobación do proxecto de execución e de declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica Peche anel LMT Vilafrime-Moreira, no concello da Fonsagrada (expediente 006/2012 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285, do 28 de novembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, de aprobación do proxecto de execución e de declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:

Denominación: Peche anel LMT Vilafrime-Moreira.

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: rúa Cidade de Viveiro 4, Lugo.

Finalidade: mellorar a calidade da subministración eléctrica na zona.

Características técnicas principais: LMT aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 1.485 m, con orixe no apoio metálico proxectado co nº 1 no proxecto, en condutor LA 110 e final no apoio metálico proxectado nº 10, sobre apoios de formigón (3) e metálicos (7).

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 54 da citada Lei 54/1997, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupacion para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70, Lugo) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de vinte días hábiles contando desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño de 1957).

Esta publicación realízase, igualmente, para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben cando, tentada a notificación, non se puidese realizar, e, así, dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 26 de setembro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

anexo
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Ref. catastral

Paraxe

Cultivo

Nome e apelidos

Enderezo

Apoio

Afeccións

Nº predio

Políg.

Parc.

m2

ml aér.

m2 aér.

14

280

134

Fonteliña

Monte alto e prado

- Hros. de Ricardo Fernández Fernández

  Repr.: Ramiro López Fernández

- Vilafrime, 9, Vieiro, 27116 A Fonsagrada, Lugo

38,0

1.220,0

14-1

280

133

Fonteliña

Monte alto

- Hros. de Jesús López López

  Repr.: Áurea López López

- R/ Islas Marquesas, 8-3º C, 28035 Madrid

901,0

15

283

91

Prao do Río

Monte alto

- José López Méndez

- R/ Diputación nº 29-1º C, 27004 Lugo

58,0

3.162,0

16

283

92

Prao do Río

Monte alto

- José López Méndez

- R/ Diputación nº 29-1º C, 27004 Lugo

27,0

1.627,0

18

283

86

Fonte do Río

Monte alto

- Hros. de Jesús López López

  Repr.: Áurea López López

- R/ Islas Marquesas, 8-3º C, 28035 Madrid

7 (1/2)

1,44

146,0

5.003,0

20

283

87

Barreiro

Monte alto

- Hros. de Ricardo Fernández Fernández

  Repr.: Ramiro López Fernández

- Vilafrime, 9, Vieiro, 27116 A Fonsagrada, Lugo

49,0

853,0

21

283

157

Barreiro

Monte alto

- Hros. de Ricardo Fernández Fernández

  Repr.: Ramiro López Fernández

- Vilafrime, 9, Vieiro, 27116 A Fonsagrada, Lugo

23,0

430,0

22

283

81

Lameirallo

Monte alto

- Hros. de Ricardo Fernández Fernández

  Repr.: Ramiro López Fernández

- Vilafrime, 9, Vieiro, 27116 A Fonsagrada, Lugo

20,0

340,0

23

283

100

Fondo da Quella

Monte alto

- José López Méndez

- R/ Diputación nº 29-1º C, 27004 Lugo

8

1,44

15,0

231,0

28

287

122

Penelón

Prado

- Inés Cabanas Fernández

- Rúa do Franco nº 8-4º G, 27003 Lugo

28,0

444,0

29

287

120

Horta Nova

Monte alto

- Hros. de Jesús López López

  Repr.: Áurea López López

- R/ Islas Marquesas, 8-3º C, 28035 Madrid

10

3,24

2,0

26,0