Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2012 Páx. 39738

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2012/241-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: RET. LMT rede 712 e rede 712 derivación ao CT San Estevo Negro.

Situación: Redondela.

Características técnicas:

– Recuamento LMT rede 712. LMT aérea a 15 kV con condutor tipo LA-110 de 257 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente C 4500/18 nº 96-X1 e final no apoio existente 2A nº 95.

– Recuamento LMT rede 712 derivación ao CT San Estevo Negro: LMT aérea a 15 kV con condutor tipo LA-56 de 200 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente 2A CR-1, CA e final no apoio existente 2A CA.

– A instalación está situada en Pregal, Negros, Redondela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 26 de setembro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra