Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2012 Páx. 39695

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se fai pública a concesión dos premios Coopera Galicia Entidades Locais para distinguir as iniciativas de fomento do asociacionismo municipal mediante proxectos piloto de xestión compartida de servizos, por parte de agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas da Comunidade Autónoma de Galicia, convocados pola Orde do 18 de maio de 2012 (Diario Oficial de Galicia número 101, do 29 de maio).

A Orde do 18 de maio de 2012 estableceu as bases reguladoras e a convocatoria pública dos premios Coopera Galicia Entidades Locais, para distinguir as iniciativas de fomento do asociacionismo municipal mediante proxectos piloto de xestión compartida de servizos por parte de agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas da Comunidade Autónoma de Galicia. Nesta orde establecéronse tres categorías de premios e as contías correspondentes a cada unha delas; así mesmo, prevíase que o xurado puidese outorgar unha mención especial a algún dos proxectos participantes que non tería dotación económica.

As bases reguladoras dispoñen que, co fin de cumprir co principio de concorrencia, as candidaturas sexan examinadas por un xurado, que terá carácter de comisión avaliadora, e sinalan que a concesión dos premios se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Á vista do ditame do xurado, emitido na súa reunión do 10 de outubro de 2012, unha vez realizada a valoración das solicitudes presentadas, e con base na proposta elevada pola Dirección Xeral de Administración Local, o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no uso das atribucións conferidas pola base reguladora oitava da Orde do 18 de maio de 2012, ditou resolución pola que se conceden os premios Coopera Galicia Entidades Locais, na súa edición 2012, e se outorgan as mencións especiais.

Polo que antecede e de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e con base reguladora oitava da Orde do 18 de maio de 2012, segundo o cal deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia a concesión dos premios,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia os premios Coopera Galicia Entidades Locais 2012 e as mencións especiais sen dotación económica, concedidos por Resolución do 17 de outubro de 2012 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, destinados a distinguir as iniciativas de fomento do asociacionismo municipal mediante proxectos piloto de xestión compartida de servizos por parte de agrupacións de concellos, mancomunidades, consorcios locais e áreas metropolitanas da Comunidade Autónoma de Galicia.

O importe total dos premios é de 77.500,00 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 05.03.141A.460.1 (C.P. 2012 00127) correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012, nas contías individuais e premiados que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2012

José Norberto Uzal Tresandí
Director xeral de Administración Local

Anexo
Premios Coopera Galicia Entidades Locais 2012

Categoría

Entidade

Proxecto premiado

Importe do premio

1º premio

Consorcio As Mariñas

Sistema de mellora na eficiencia do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos no Consorcio das Mariñas

40.000,00

2º premio

Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol

Proxecto de xestión compartida do servizo de lazaría, recollida, aloxamento e control de animais domésticos e salvaxes en catividade

25.000,00

3º premio

Mancomunidade I. V. do Ribeiro

Proxecto piloto Auditoría enerxética da frota de recollida de residuos urbanos e deseño dun software de cálculo da pegada de carbono para fundamentar a estratexia comunicativa dun plan de sensibilización para mellorar os índices de achega na recollida selectiva dos residuos urbanos

12.500,00

Mención especial

Agrupación Conca do Lérez

Agrupación de Protección Civil e colaboración cidadá Conca do Lérez

Sen dotación económica

Mención especial

Agrupación Concellos do Ortegal

Proxecto piloto de xestión compartida do CIM de Ortigueira

Sen dotación económica

Mención especial

Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes

Sistema de intervención integral contra a violencia de xénero na comarca de Ordes: creación e consolidación de estruturas de coordinación e instrumentos de apoio a través do Centro de Información á Muller

Sen dotación económica