Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 19 de outubro de 2012 Páx. 39725

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 1 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, polo que se notifican os actos de iniciación do procedemento de cancelación de dúas inscricións no Rexistro de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal, procede notificar por medio de anuncio no taboleiro de edictos do concello do último domicilio coñecido e no Diario Oficial de Galicia.

Acordo de trámite de audiencia previsto nos artigos 19 e 20 do Decreto 90/2011, que modifica o Decreto 326/2004, do 29 de decembro, polo que se regulan os órganos de coordinación e asesoramento en materia de cooperación para o desenvolvemento e polo que se crea o Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento. O trámite é por un período de 10 días.

A resolución completa poderá ser examinada na Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, rúa dos Feáns, 5 baixo, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse as comparecencias, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao desta publicación.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2012

Jesús María Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO

Expediente de cancelación de inscrición no Rexistro de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento: PR 805A 2006/26-0 ONGD nº 142.

Destinatario da notificación: Asociación para a Solidariedade e Promoción Social Creando Pontes.

CIF/NIF: G32344368.

Último enderezo coñecido: rúa Euloxio Gómez Franqueira, 5, 32010 Ourense.

Data dos actos de instrución: 27 de agosto de 2012.

Sentido da resolución: fase de iniciación.

Expediente de cancelación de inscrición no Rexistro de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento: PR 805A 2007/20-0 ONGD nº 154.

Destinatario da notificación: Asociación Sociocultural Ataman.

CIF/NIF: G38313896.

Último enderezo coñecido: rúa Urgal, 41-43, 36307 Belesar-Baiona (Pontevedra).

Data dos actos de instrución: 28 de agosto de 2012.

Sentido da resolución: fase de iniciación.