Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 18 de outubro de 2012 Páx. 39605

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2012 pola que se fan públicos, para os efectos do artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, os convenios de colaboración asinados no segundo cuadrimestre do ano 2012.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola Academia Galega de Seguridade Pública no segundo cuadrimestre do ano 2012 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

A Estrada, 5 de outubro de 2012

José Carlos García Bouzas
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data da sinatura

Achega total da Agasp

Anualidade 2012

Academia Galega de Seguridade Pública

Concello de Ribeira

Curso básico de capacitación para funcionarios en prácticas do corpo de Policía local de Ribeira

4.5.2012

Sen obriga económica

Academia Galega de Seguridade Pública

Concello da Coruña

Formación continua dos membros do corpo da Policía local da Coruña

23.5.2012

Sen obriga económica

Academia Galega de Seguridade Pública

Concello de Santiago de Compostela

Formación continua dos membros do corpo da Policía local de Santiago de Compostela

12.6.2012

Sen obriga económica

Academia Galega de Seguridade Pública

Fundación Privada RACC

Colaboración no desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

11.7.2012

Sen obriga económica