A Consellería de Traballo e Benestar, unha vez cumpridos os trámites correspondentes, resolve anunciar a contratación que seguidamente se cita:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.
c) Número de expediente: PN 79/2012.
2. Obxecto do contrato:
a) Descrición do obxecto: contratación da xestión, en réxime de concesión, do centro de día para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas de Pontevedra, por procedemento negociado con publicidade e tramitación urxente.
b) Lugar de execución: Pontevedra.
c) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato (prevista para o 1 de decembro de 2012) ata o 31 de decembro de 2013.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: negociado con publicidade.
4. Orzamento base de licitación: ascende a trescentos dezaseis mil seiscentos doce euros con sesenta e seis céntimos (316.612,66 €) aos cales se lle engaden dezaseis mil oitocentos corenta e un euros con setenta e tres céntimos (16.841,73 €) que corresponden ao IVE, polo que o importe total do expediente de gasto é de trescentos trinta e tres mil catrocentos cincuenta e catro euros con trinta e nove céntimos (333.454,39 €).
5. Garantía provisoria: non.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Subdirección Xeral de Recursos Económicos.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Teléfonos: 981 54 56 50-981 54 46 50.
e) Fax: 981 54 56 63.
f) Data límite da obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica, financeira e solvencia técnica ou profesional: ver cláusula 8.1.7) e 8), presentación de solicitudes de participación, prego de cláusulas administrativas.
8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: oito días naturais contados desde o seguinte ao da data de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1. Entidade: Oficina do Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia do Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
2. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Admisión de variantes: non.
9. Apertura de ofertas:
a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral de Política Social.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) A data e a hora de apertura: publicarase no perfil do contratante.
10. Gastos de anuncios: 10,82 € por liña publicada no DOG.
11. Portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obterse os pregos:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18102
Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2012
P.D. (Orde 19.8.2009)
Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar