Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a seguir se describen:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: modificación II LMT, CT, RBT Lagoa-Saa.
Situación: Vigo.
Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor tipo RHZ de 656 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente da LMT SDM 7011932 ao CT Beade-Saa e final no CT proxectado Lagoa-Saa. Centro de transformación de 400 kVA, RT 15 kV/400-230 V, situado no camiño do campo da feira (contiguo ao Campo das Relfas). Dúas redes de baixa tensión, unha aérea e outra subterránea, de 719 e 538 metros de lonxitude respectivamente.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 26 de setembro de 2012
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra