Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 16 de outubro de 2012 Páx. 39412

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2012 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, multicriterio e tramitación ordinaria, para a contratación dun servizo de limpeza no centro do Issga en Pontevedra (expediente PA 2/2012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga).

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Administración e Persoal.

c) Número de expediente: PA 2/2012.

2. Obxecto do contrato: servizo de limpeza no edificio do centro do Issga en Pontevedra, sito no Camiño Coto do Coello, número 2, Rande, Redondela.

3. Prazo de execución: 12 meses desde o día seguinte á sinatura do contrato.

4. Admisión de prórroga: si, por outros 12 meses.

5. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e multicriterio. Os criterios de adxudicación recóllense na cláusula 5 do PCAP.

6. Valor estimado do contrato: 72.000,00 €.

7. Orzamento base de licitación: 36.000,00 €, máis 7.560,00 € (IVE). Total: 43.560,00 €.

8. Garantías.

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

9. Obtención de documentación e información: Servizo de Administración Xeral do Issga. Casa da Parra, praza da Quintana de Vivos, s/n, 15704 Santiago de Compostela. Teléfono: 881 99 93 34. Fax: 881 99 94 33.

Correo electrónico: issga.subdireccionpersoal@xunta.es

10. Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18032

11. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: deberán xustificarse polos medios sinalados na cláusula 4.3.7), 8) e 9) do PCAP.

12. Presentación de proposicións.

a) Data límite: ás 14.00 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, agás que o último día sexa sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 4 do PCAP.

c) Lugar e forma de presentación: Rexistro Xeral do Issga, situado na praza da Quintana de Vivos, s/n, 15704 Santiago de Compostela. Cando a documentación se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data e a hora de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día, a remisión da oferta mediante fax, télex ou telegrama. Esta notificación cursarase ao Servizo de Administración Xeral do Issga referido no número 9.

13. Apertura das ofertas: terá lugar na sala de xuntas da Consellería de Traballo e Benestar, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n (planta 0), ás 10.00 horas do oitavo día natural seguinte ao do peche do prazo de admisión de ofertas. No caso de que este día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

14. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2012

Adela Quinzá-Torroja García
Directora do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral