Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 16 de outubro de 2012 Páx. 39355

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 2 de outubro de 2012 pola que se modifica a do 29 de xuño de 2012 de oferta educativa das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia a partir do curso escolar 2012/13.

Mediante a Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 29 de xuño de 2012, publicada no Diario Oficial de Galicia do día 1 de agosto, faise pública a oferta educativa das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia a partir do curso escolar 2012/13.

Ante a necesidade de atender o incremento da demanda das ensinanzas de idiomas, en particular de inglés, considérase necesario modificar a orde ampliando a dita oferta educativa, incluíndo nela o centro docente a que se refire esta orde.

Polo que antecede, logo do informe da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo único

Incluír na oferta educativa das escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma de Galicia a partir do curso escolar 2012/13, publicada pola Orde do 29 de xuño de 2012, o centro docente que se detalla no anexo desta orde.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia

Concello

Código do centro

Nome do centro

Idiomas

Ourense

Ourense

32008941

Sección de Ourense

IES Eduardo Blanco Amor

Inglés