Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 16 de outubro de 2012 Páx. 39394

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello da Fonsagrada (expediente IN407A 2012/74-2, 8041 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º. 27002 Lugo.

Denominación: CTI Padrón (476).

Situación: concello da Fonsagrada.

Características técnicas:

• LMTA a 20 kV, con orixe no apoio nº 2 da LMT existente a CT Padrón e final no CTI proxectado, cunha lonxitude de 40 metros en condutor LA-56.

• CTI Padrón sobre apoio metálico, cunha potencia proxectada de 160 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

• Enlace coas RBT existentes, con orixe no CT proxectado, cunha lonxitude de 105 metros en condutor RZ-95 e RZ-50.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 21 de setembro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo