Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 16 de outubro de 2012 Páx. 39385

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 27 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica a resolución do expediente sancionador E.S. 43/11, seguido a Instalaciones Regueiro, S.L. e Santiago Regueiro García.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial de Economía e Industria na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.

A Coruña, 27 de setembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesados: Instalaciones Regueiro, S.L. e Santiago Regueiro García.

Último domicilio coñecido: Edificio Dolmen, portal 6, baixo, Cacheiras. 15886 Teo (A Coruña).

Acto notificado: resolución.

Infracción: artigo 31.2º.e) da Lei de industria.