Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2012 Páx. 39327

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación, por procedemento aberto, para a subministración de vehículos para o servizo de extinción de incendios.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Bombeiros. Expediente 2665-213.

2. Obxecto do contrato: descrición: adquisición dun vehículo de rescate en derrubamentos, unha bomba urbana lixeira e un todoterreo para o servizo de bombeiros. División por lotes e número de lotes/Número de unidades: non.

Lugar de entrega: instalacións do parque central de bombeiros de Teis do Concello de Vigo.

Prazo de execución: 180 días.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 655.000 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se exixe. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no prego de cláusulas administrativas particulares e as follas de expecificacións do contrato.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará o día 5 de novembro de 2012.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n. 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo ou a través da plataforma electrónica de contratación pública Vortalgov (www.vortalgov.es).

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura. Ofertas técnica e conómica: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 3 de outubro de 2012

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Patrimonio e Contratación