Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2012 Páx. 39320

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteareas

ANUNCIO de información pública sobre instalación de rede de distribución de gas natural neste concello.

Gas Galicia solicitou desta alcaldía licenza municipal para actividade de instalación de rede de distribución de gas natural neste municipio de Ponteareas. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Ponteareas, 8 de outubro de 2012

Salvador González Solla
Alcalde