Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2012 Páx. 39318

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerceda

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza para nave de fabricación de paneis no Acevedo (clave MAS/156 2012).

José Fernando Borrazas Zas, actuando en nome e representación de Indupanel, S.L., con CIF: B-15747868, solicitou desta alcaldía unha licenza de obra e de actividade para a fabricación de paneis nunha nave do polígono industrial do Acevedo (Cerceda). (Clave MAS/156 2012).

Xa que esta solicitude cumpre o disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese esta a información pública durante un prazo de 20 días, co fin de que as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar a poidan examinar na Área de Medio Ambiente e Sanidade deste concello e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Este prazo de 20 días comezará a contar a partir do día seguinte a que se publique o presente edicto no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia.

Cerceda, 24 de setembro de 2012

José García Liñares
Alcalde